© Óscar Collazo
11. Marie de France.4800X3600
20. Amelot_(20).4800x3600
21. BNF-fr-854-f140r.Azalais. 4800x3600
3. Comptessa Día 1.4800X3600
10. Christine de Pizan.4800X3600
22. IVR52.4800x3600
4. Comptessa Día 2.4800X3600
 

Historial

Miguel García Fernández, Francisco J. Rodríguez Mesa, Tania Vázquez García y María Francesca Loffredo partiparon no XIV Congreso Internacional que organizou o grupo de investigación “Escritoras y escrituras” en Sevilla (11-13 septiembre 2017) con comunicacións que versaban sobre: “¿Voces de mujeres en escrituras de hombres? De la escritura y la escrituración de la voz autobiográfica femenina en la Edad Media””, ““AUSENCIAS. La reconstrucción del canon literario en Europa y las escritoras”,”La representación de las soldadeiras en la lírica profana gallego-portuguesa y en el arte románico: encuentros y desencuentros”, e  “La Fiammetta scrittrice ed adultera nell’Elegia di Giovanni Boccaccio”, respectivamente.

Laura Cayrol Bernardo impartiu a conferencia “Queens and Señoras: Fontevraud in Medieval Iberia”, no Congreso “Communal Life of Women Religious: Authority, Legitimacy, Recognition”, celebrado en Basilea os días 26 y 27 de maio de 2017.

Esther Corral Díaz e Tania Vázquez Garcia participaron no XVII Congreso Internacional da AHLM, celebrado na Università da Sapienza de Roma os días 26-30 de setembro de 2017, coas contribucións “A fremosa face da senhor: un retrato femenino particular de la dama gallego-portuguesa”, y “As soldadeiras: un retrato anti-cortés”, respectivamente.

Franciso Rodríguez Mesa participou no Congreso Internacional “Escritoras en los márgenes del texto”, que se celebrou na Universidad de Sevilla os días 12, 13 y 14 de decembro de 2016, cunha comunicación titulada “Barbarica honestate: las mujeres germanas como modelo ejemplar en Petrarca y Boccaccio”.

Laura Cayrol Bernardo impartiu a conferencia “¿Historia de una ausencia? Apuntes para un estudio de la senectud femenina durante el Medievo hispano”, o día 27 de outubro, no marco do Seminário Periódico sobre Metodologias em Estudos Medievais organizado por IEM e a FCSH-Universidade Nova de Lisboa, na que deu a coñecer o proxecto, así como contidos relacionados cun dos obxectivos que a investigadora está estudando.

Francisco José Rodríguez Mesa presentou a comunicación titulada Singular decus ytalicum: la biografía di Giovanna di Napoli e l’italianità del De mulieribus claris, no Congreso Internacional L’italianità e oltre l’italianità (XVI Congreso de la SEI), que se celebrou  entre os días 16 e 20 de novembro de 2016 en Vitoria-Gasteiz e en Bilbao.

Yara Frateschi Vieira e Esther Corral participaron nas III Jornadas de Estudos de Género. O Feminino no contexto italiano e em lingua portuguesa, durante os días 21-23 de novembro de 2016 en Lisboa, coas comunicaciones tituladas, respectivamente, “Ua dona d’Elvas: a mulher (judia) na cantiga de amor” y “O pranto en feminino na lírica galego-portuguesa”.

Miguel García Fernández presentou a comunicación titulada “Doña Teresa y doña Urraca: la figura de la madre como obstáculo político a comienzos del siglo XII”, no XVIII Coloquio Internacional da AEIHM Autoridad, poder e influencia: mujeres que hacen historia, celebrado do 19-21 de outubro de 2016 en Zaragoza.

Tania Vázquez Garcia participou no evento II Jornadas Filológicas Filólogicas Internacionales – UR (JFI-UR). La lengua y la literatura en femenino, que se celebrou os días 5-7 de outubro de 2016 na Universidade da Rioxa, coa comunicación “Las controversias relativas a la autoría de las trobairitz“.

Yara Frateschi Vieira impartiu a comunicación “AS cantigas de amor de Vidal, Judeu d’Elvas, a uma Judia: os conceitos de convivência / coexistência / assimilação / integração das três culturas na Península Ibérica”, no Coloquio Internacional de la AHLM “Literatura Medieval (Hispánica). Nuevos enfoques metodológicos y críticos, celebrado entre os días 27-30 de setembro de 2016 na Università di Catania,

Laura Cayrol Bernardo participou no 51 st. International Congress on Medieval Studies celebrado no Medieval Institute College of Arts ans Sciences Western Michigan University Kalamazoo, entre os días 12-15 de maio de 2016, coa comunicación titulada “Reassing Enclosure in Northwestern Iberian Nunneries (Eleventh-Fourteenth Century)”, na sesión Women Religious in the Atlantic World: New Historiographical and Methodological Perspectives.

Miguel García-Fernández participou no Congreso Internacional Identidad y género en Galicia desde una perspectiva interdisciplinar, celebrado do 9 ao 11 de maio de 2016 en Varsovia, coa comunicación “Voces de mujeres medievales para fusionar historia, literatura y compromiso. Género e identidad en Una primavera para Aldara“.

Óscar Collazo participou no Workshop de Estudos Medievais, celebrado os días 7 e 8 de abril de 2016 na Facultade de Letras da Universidade de Porto, coa comunicación “O posicionamiento xeral de L’Espurgatoire Seint Patriz no marco da tradición das visións do outro mundo”. Podes ler un resumo da exposición ou ver o programa.

Ana Mª Domínguez Ferro co-dirixiu  o Simposio Internacional Viajes y caminos: relaciones interculturales entre Italia y España, celebrado os días 16-18 de marzo de 2016 no Auditorio do Seminario de Estudos Gallegos Padre Sarmiento, Santiago de Compostela, e impartiu, ademais, a ponencia “Peregrinas italianas en la Galicia medieval”. Podes consultar o programa.

Francisco J. Rodríguez Mesa participou no Simposio Internacional Viajes y caminos: relaciones interculturales entre Italia y España, celebrado os días 16-18 de marzo de 2016 no Auditorio do Seminario de Estudos Gallegos Padre Sarmiento, Santiago de Compostela, coa comunicación “Las consecuencias de un viaje: acerca de un motivo de la tradición griseldiana”. Podes consultar o programa.

Óscar Collazo participou no Simposio Internacional Viajes y caminos: relaciones interculturales entre Italia y España, celebrado os días 16-18 de marzo de 2016 no Auditorio do Seminario de Estudios Galegos Padre Sarmiento, Santiago de Compostela, coa comunicación “La Visio Agustus referida en las Vitas Sanctorum Patrum Emeretensium: ¿un relato en pugna con Roma?”. Podes consultar o programa ou ler unha páxina da súa contribución.

Óscar Collazo participou no I Congreso Internacional de Jóvenes investigadores en Estudios Literarios y Culturales, celebrado os días 10-12 de febrero de 2016 na Universidade de Vigo, coa comunicación “A corporalidade en L’Espurgatoire Seint Patriz de María de Francia”. Se o desexas, podes descargar o programa do evento, ler un resumo da exposición ou a súa publicación.

Óscar Collazo participou no XII Congreso Internacional Locas. Escritoras y personajes femeninos cuestionando las normas, celebrado os días 10, 11 y 12 de decembro de 2015 na Universidad de Sevilla, coa comunicación “L’Espurgatoire Seint Patriz de Marie de France: reflexiones sobre su autoría“.  Podes ler aquí a publicación.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su almacenamiento, así como acepta nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies