Slider

Que é?

O proxecto pretende estudar a voz das mulleres medievais transmitida nos documentos tanto de carácter histórico como literario entre os séculos XII e XIV, atendendo a aspectos da súa configuración social e da súa visualización, protagonismo e representación nos textos. A análise terá un carácter transversal, pois pretende indagar desde unha perspectiva de xénero no protagonismo que adquire o eu feminino nas manifestacións literarias máis relevantes, completando este estudo coa investigación do contexto histórico no que viven.I_BnF-ms-fr-854_f141r_comtessa-de-Dia-detalh

Ademais das mulleres que cobran relevancia social existe un importante elenco de figuras femininas que compoñen lírica (trobairitz occitanas) e relatos narrativos (María de Francia), que acompañan aos trobadores na súa actividade poética (xograresas e soldadeiras), que son suxeito finxido de composicións líricas ou destinatarias doutras, ao mesmo tempo que reciben críticas feroces en pezas satíricas de diferente tipoloxía, sobre todo, pertencentes á última época.

Trátase, pois, de examinar o seu protagonismo atendendo ao contexto histórico e á súa representación nos textos literarios, xa sexa como autora ou como protagonista de obras de carácter amoroso (fundamentalmente lírico) e de carácter satírico.

O proxecto inscríbese dentro dos estudos de xéneor dos ámbitos histórico e literario, entendendo “xénero como unha construción social e cultural que se articula a partir de definicións normativas, tanto do masculino como do feminino; construcións a partir das cales son creadas identidades subxetivas e relacións de poder, tanto entre homes e mulleres como na sociedade no seu conjunto” (R. Pastor, “Sombras y luces en la historia de las mujeres medievales”, en E. B. Ruano (coord.), Tópicos y realidades de la Edad Media, Madrid, 2000, p. 180, vid. tamén M. A. Brozyna (ed.), Gender and sexuality in the Middle Ages: a medieval source documents reader, Jefferson, N.C., 2005, y M. Schaus (ed.), Women and gender in medieval Europe. An encyclopedia, New York, 2006).

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su almacenamiento, así como acepta nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies