© Óscar Collazo
11. Marie de France.4800X3600
20. Amelot_(20).4800x3600
21. BNF-fr-854-f140r.Azalais. 4800x3600
3. Comptessa Día 1.4800X3600
10. Christine de Pizan.4800X3600
22. IVR52.4800x3600
4. Comptessa Día 2.4800X3600
 

Obxectivos

O proxecto reúne a un grupo de investigadores do ámbito da literatura e da historia, co obxectivo xeral de estudar a voz das mulleres medievais que é transmitida nos documentos tanto de carácter histórico como literario entre os séculos XII e XIV, atendendo a aspectos da súa configuración social e da súa visualización, protagonismo e representación nos textos. A realidade e a ficción están asociadas neste tipo de análise e o seu estudo debe ser interdisciplinar.

Trobairitz Condesa de Día

Trobairitz Condesa de Día

O poder que exerce a muller na Idade Media reflíctese na actividade cultural e literaria como mecenas que apoian coa súa influencia o desenvolvemento de centros culturais, como protagonistas da lírica cortés, como autoras que escriben as súas obras, a pesar das dificultades derivadas de escribir en lingua vulgar e a condición feminina, e como actantes nas ficcións literarias. Ao mesmo tempo, na bipolaridade que caracteriza o mundo medieval percíbese no ámbito literario unha contraposición da idealización da súa figura nunha corrente misóxina que transmite cánones e valores que imperaban na sociedade e que prescribían fundamentamente desde a Igrexa e o ámbito lexislativo.

O conxunto de textos no que se escoita a voz das mulleres é certamente considerable, pois a Idade Media é unha época demasiado ampla na que se conxuga unha grande diversidade de intereses, e na que a evolución e produción literaria é vertixinosa. Atenderemos, pois, aos ámbitos románicos nos que existen menos estudos e nos que se pode percibir a evolución do discurso feminino. Neste sentido, o territorio do Noroeste peninsular é particularmente interesante para abordalo no marco historiográfico, pois a documentación ofrece datos interesantes para a contextualización da situación da muller e o desenvolvemento cultural da lírica que se produce neste ámbito. A práctica testamentaria permite unha aproximación bastante fiel á realidade social, pois tende relativizar a influenza da superestrutura ideolóxica cun amplo peso do masculino que se filtrababa nos discursos eclesiásticos, artísticos e literarios ou, incluso, nas disposicións legais. Ademais, prestarase atención ás condicións que rodean ás mulleres que optan (ou son forzada a facelo) pola vida relixiosa, así como á senectitude feminina, dado que poden proporcionar unha información relevante sobre as súas inquedanzas e as súas diversas actividades.

No ámbito literario abordarase o estudo da lírica occitana, como matriz que é da lírica trobadoresca, ao mesmo tempo que é o escenario da primeira composición de autoría feminina de textos poéticos en linguas vernáculas, da lírica frances, pois no seu ámbito desenvolvese a chanson de femme, e das líricas galego-portuguesa e italiana por ser dúas áreas nas que as análises do discurso feminino son máis precarios.

Por outra parte, a investigación fixarase tamén no escenario da “feminidade autorial”, representada por María de Francia, iniciadora consciente da escritura narrativa feminina e por Christine de Pizan, defensora da feminidade nos seus escritos.

Como contrapunto da idealización da muller que se presenta no ámbito da lírica amorosa acometerase a análise de textos (fundamentalmente líricos) que satirizan e critican a imaxe e a condición feminina de forma directa ou indirecta.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su almacenamiento, así como acepta nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies