© Óscar Collazo
11. Marie de France.4800X3600
20. Amelot_(20).4800x3600
21. BNF-fr-854-f140r.Azalais. 4800x3600
3. Comptessa Día 1.4800X3600
10. Christine de Pizan.4800X3600
22. IVR52.4800x3600
4. Comptessa Día 2.4800X3600
 

Yara Frateschi Vieira

Equipo de trabajo

Yara Frateschi Vieira é catedrática de Literatura portuguesa da Universidade Estadual de Campinas (Brasil). Actualmente está xubilada.

De nacionalidade brasileira, licénciase en “Letras Classicas” en 1960 e, en 1966, inicia os cursos de Pos-Graduación en Literatura Portuguesa, na Universidade de São Paulo, baixo a orientación do Prof. Massaud Moisés. Conclúe o doutoramento en 1972, na mesma institución, cunha tese sobre José Régio, publicada en 1974 (Significados e Transformações: Um Estudo do Jogo da Cabra Cega). En 1976 foi contratada como Profesora Doutora pola Universidade Estadual de Campinas, responsable das disciplinas na área de ‘Teoria Literária e Literatura Portuguesa’. En 1991, gaña o concurso de Prof. catedrático, coa presentación dun traballo sobre Fernando Pessoa (Sob o Ramo da Bétula: Fernando Pessoa e o Erotismo Vitoriano).

Durante eses anos, profunda no estudo da lírica medieval galego-portuguesa, publicando artigos en revistas e capítulos en libros. En 1994, recibe unha bolsa da Fundação Vitae, de São Paulo, para un período de investigación na USC, que tivo como resultado a publicación do libro Antologia de Poesia Galega (1996). En 1997, cunha bolsa de FAPESP (‘Fundação de Amparo à Pesquisa do Estado de São Paulo’), que lle permite unha estadía de 12 meses en Compostela, investiga no papel da corte señorial de Rodrigo Gomes de Trastámara nas orixes e difusión do lirismo galego-portugués, coa consecuente publicación do libro En cas Dona Maior: os trovadores e a corte senhorial galega no século XIII. De 2001 a 2004, participa na USC, no proxecto de investigación PGIDT00PXI20409PR, que tivo como produto final o libro Glosas Marginais ao Cancioneiro Medieval Português de Carolina Michaëlis de Vasconcelos.

Despois da súa xubilación prosegue no labor de reunir, traducir e editar os estudos dos filólogos que se dedicaran á lírica galego-portuguesa, e que tiñan unha obra de difícil acceso ou que non fora traducida do alemán. Desa forma, organiza un volume dedicado a Oskar Nobiling (As Cantigas de D. Joan Garcia de Guilhade e Estudos Dispersos) e, xunto con Lênia Márcia Mongelli, unha compilatio da obra de Henry R. Lang, traducida para o portugués (Cancioneiro d’el-rei Dom Denis e Estudos Dispersos).

Nos últimos años, con dous profesores da USC (M. Isabel Morán Cabanas e José António Souto Cabo), traballou no proxecto que trataba de establecer unha ruta da lírica galego-portuguesa con atención especial ao papel de Santiago de Compostela para as orixes e difusión daquel movemento poético (vid. publicacións destacadas). Ao mesmo tempo, tamén se ocupou de aspectos particulares da lírica galego-portuguesa, como o retrato da dama, os recursos retóricos e os problemas relacionados cos “Lais de Bretanha”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su almacenamiento, así como acepta nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies