Rosa Mª Medina Granda é Profesora Titular de Filoloxía Románica (Lingüística románica) na Universidade de Oviedo, desde o ano 1999, e Presidenta de l’Association Internationale d’Etudes Occitanes: AIEO http://www.aieo.org/ desde o ano 2014. Licenciada en Filoloxía Hispánica e en Filoloxía Anglogermánica pola Universidad de Oviedo, desempeña diversos postos docentes nesa universidade, ata que no ano 1999 gañou a oposición a Profesora Titular.
A súa Tese Doutoral centrouse nun estudo sintáctico-distribucional e semántico tendo como resultados a publicación do libro Polaridad negativa en occitano antiguo (Elementos de comparación con otros romances medievales), Universidad de Oviedo, Servizo de Publicacións, 1999, así como unha serie de artigos como: “Occitano antigo ge(n)s : a súa ausencia en certos contextos negativos?”, en Lingvisticae investigationes Supplementa, 26, 2007, pp. 1-27; “Occitano antiguo pas y faragulla (mija, a miña[c]a?): análise do comportamento distribucional destes termos?, Tenson: Bulletin of the Société Guilhem IX, 14/2, 1999, pp. 111-154; e “Francés antiguo g(i)ens, catalán antiguo/moderno gens y occitano antigo/moderno ge(n)s: Algunas razones semánticas en favor del lat. gĕnus, como étimo de estas expresiones”, Verba: Anuario Galego de Filoloxía, 29, 2002, pp. 189-220.
As súas liñas de investigación actuais son: Lingüística Románica (Sintaxe, Semántica e Pragmática); Negación no Discurso (estudo comparado do castelán, o francés, o catalán e o occitano); Análise (histórico) do Discurso; Oralidade lingüística e Cognición; Intercomprensión lingüística (románica); Lingüísticas occitana e catalá; Ironía, sátira e parodia na lírica occitana; Lingüística cognitiva; e Teoría da Comunicación.
A Dra. Medina impartiu conferencias e seminarios, de intercomprensión románica sincrónica e de cuestións medievais, nas Universidades de Reading (U.K.), Paul Valéry-Montpéllier 3 (Francia), Institut für Romanistik (Viena), Messina (Italia) e Santiago de Compostela.