© Óscar Collazo
11. Marie de France.4800X3600
20. Amelot_(20).4800x3600
21. BNF-fr-854-f140r.Azalais. 4800x3600
3. Comptessa Día 1.4800X3600
10. Christine de Pizan.4800X3600
22. IVR52.4800x3600
4. Comptessa Día 2.4800X3600
 

Maria Francesca Loffredo Equipo de trabajo

De nacionalidade italiana, Maria Francesca Loffredo é graduada en Literaturas Modernas na Università degli Studi di Salerno no ano 2014 cunha tese en Filoloxía Románica publicada posteriormente e titulada Il Cammino di Tristano. En 2017 obtivo a “Laurea Magistrale” en Filoloxías Modernas na mesma universidade coa “Tesi di Laurea”, Voci di donne nelle cantigas de amigo: femminilità testuale e personaggi femminili delle liriche galiziano-portoghesi, dirixida pola Profª Charmaine Lee. Ao mesmo tempo cursou o Máster en Estudos Medievais Europeos: Imaxes, Textos e Contextos da USC, cun TFM titulado La mujer en el imaginario literario medieval: hacia la misoginia y el vituperio en la narrativa breve de los Fabliaux picardos y Boccaccio baixo a dirección da Profª Esther Corral.

Participou en diferentes congresos do ámbito medieval e dos estudos de xénero, como o Congreso A presenza feminina na escritura: voces de mujeres en la Edad Media, coa comunicación La voce di Christine de Pizan nel poema cavalleresco italiano.

Actualmente está matriculada no Programa de Doutoramento en Estudios Medievales de la USC.

O seu proxecto de investigación céntrase no papel desempeñado polas mulleres en Boccaccio na primeira parte da súa obra escrita, concretamente no protagonismo feminino da Elegia de Madonna Fiammetta en relación coas súas fontes procedentes da estadía deste autor en Nápoles. O obxectivo do seu traballo é aportar novas vías de estudo no ámbito feminino en discursos literarios de carácter fuertemente misóxino como son certas obras de Boccaccio.

Maria Francesca Loffredo Equipo de trabajo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su almacenamiento, así como acepta nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies