© Óscar Collazo
Slider

Esther Corral Díaz

Investigadora Principal

Profesora Titular de Filoloxía Románica na Universidade de Santiago de Compostela, desde o ano 2000, está acreditada para o corpo de catedráticos (novembro,  2015). A súa tese de doutoramento, presentada en 1993, baixo o título “A muller na lírica galego-portuguesa: análise da súa denominacións”, centrábase no ámbito feminino da Idade Media sendo ampliada e actualizada como libro en “As mulleres nas cantigas medievais” (Edicións do Castro, 1966, con reimpresión 1999).

A súa investigación iniciouse en aspectos lexicográficos de lingüística románica, para centrarse posteriormente en materias relacionadas coa literatura na Idade Media como a narrativa, a obra filolóxica do humanista Angelo Colocci e, sobre todo, na lírica galego-portuguesa, abordando nesta tradición cuestións de tipo temático, tipolóxico (cantigas dialogadas, tençons, partimen) e do léxico dos cancioneiros, sempre enmarcada no contexto románico. A liña de traballo aberta, a partir da súa tese sobre as mulleres na literatura da Idade Media, é continuada no tempo coa publicación de estudos centrados en aspectos particulares como a simboloxía da vestimenta feminina na lírica, a voz da muller na cantiga de amigo, a figura da famosa “soldadeira” Maria Balteira, y sobre a primeira escritora medieval europea en linguas vernáculas, María de Francia.

Os seus traballos publicáronse en editoriais de prestixio como Universtity of Pennsylvania Press (“Feminine Voices in the Galician-Portuguese Cantigas de amigo”, en Medieval Woman’s Song: Cross-Cultural Approaches), Asghate, Ed. del Galluzzo (Sismel), Ed. dell’Orso, Biblioteca Apostolica Vaticana; e en revistas como Bulletin of Hispanic Studies, Cultura Neolatina, Medioevo Romanzo ou Revue des Langues Romanes.

Participou en calidade de editora en varios volumes publicados pola USC y por outras editoriais relevantes (Edizioni del Galluzzo, Edizioni dell’Orso). Organizou varios congresos internacionais de repercusión internacional: In marsupiis peregrinorum. Circulación de textos e imágenes alrededor del Camino de Santiago en la Edad Media, VII Congreso Doctorado Europeo en Filoloxía Románica (24-28 de marzo de 2008), y el Coloquio Internacional Parodia y debate metaliterarios en la Edad Media, III Encuentro Temático Asociación Hispánica de Literatura Medieval (7-8 de novembro de 2012).

Desde o ano 1994, no que se incorpora á vida universitaria, participou ininterrumpidamente en proxectos de investigación estatais e autonómicos como membro do equipo de investigación. Ademais, foi IP nunha Acción Complementaria e nos proxectos: “Os xéneros dialogados na lírica galego-portuguesa” (financiado pola Xunta de Galicia), “El debate metaliterario en la lírica románica medieval” (Ministerio de Ciencia e Innovación) e, actualmente, “Voces de mujeres en la Edad Media: entre realidad y ficción” (Ministerio de Economía e Competitividade). Dirixe, ademais, o proxecto Prosa literaria medieval galega pertencente ao macroproxecto Arquivo Galicia Medieval do “Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades” de Santiago de Compostela.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario, en cumplimiento del Real Decreto-ley 13/2012. Si continúa navegando está dando su consentimiento para su almacenamiento, así como acepta nuestra política de cookies.

ACEPTAR
Aviso de cookies